Balneoterapia

Piscina de balneoterapia en Széchenyi Bath, Budapest.

A balneoterapia,[1][2] ou balneación,[3] (do latín balneum, "baño", e terapia) é un conxunto de terapias ou tratamentos destinados a curar enfermidades ou a conservar a saúde que habitualmente se realizan en balnearios. Aínda que se considera distinta da hidroterapia (practicada normalmente en spas), hai varias coincidencias na súa práctica e nos seus fundamentos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para balneoterapia.
  2. balneoterapia no Dicionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia/Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela, 2002, ISBN 84-453-3371-2.
  3. balneación no Dicionario galego de termos médicos.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search